Betula vén de organizar unha actividade en colaboración coa Asociación de Veciños de Limodre para coñecer a biodiversidade que existe nas fincas que temos conveniadas no val de Boado, preto do río Baa. Trátase dunha charla orientativa e unha andaina ao serán polas fincas para identificar a poboación de morcegos na zona.

Os inscritos participarán na charla que terá lugar ás 20:00h. do venres, 20/09/19,  na  A.VV. de Limodre, entidade colaboradora na actividade. De seguido, ás 21:00h. achegarémonos ás zonas de observación.

Data: Venrres 20 setembro.

Charla explicativa no local da A.VV. de Limodre ás 20:00h

A saída ao campo farase do seguinte xeito:

  • 1º punto de observación: Finca en custodia do territorio Souto de Xoana.
  • 2º Finca en custodia do territorio ameneiral e o rio Baa.
  • 3º Muiños en ruinas do río Baa.

O número máximo de participantes será de 20 ou 25

A duración do percorrido estímase dun total de dúas horas.

As persoas que se apunten a esta actividade deberán levar lanternas para non trompicarse.

Para participar cómpre achegar os datos a Lan, Tel. 605355650, antes do 19/09/19