Na AsembleaXeral celebarada recentemente, vimos de aprobar o programa anual de actividades. Parte delas van orientadas a coñecer lugares de interese medioambiental e promover a súa consevación mediante percorridos polos mesmos.

Dentro deste programa de actividades, no mes de abril temos as seguintes:

O  13/04/2019 imos facer a Andaina “Costa Senlleira”
Trátase dun percorrido pola costa do Seixo (Mugardos) duns 4 km. de dificultade media baixa. Con saída da enseada da Barca (Mugardos) ás 10:00 h. e remate en Barallobre (Fene) ás 14:00 h.
Trátase dun percorrido pola zona costeira do interior da ría de Ferrol cun bo estado de conservación e diferentes valores medioambientais etnográficos e arqueolóxicos. Varios especialistas irán facendo comentarios ao longo do percorrido sobre flora e fauna, urbanismo mariñeiro, arqueoloxía e riqueza marisqueira.
As inscricións poden facerse ata o 11/04/19 achegando datos para o seguro.
Os menores irán na compaña de un adulto responsable.

O día 27/04/2019 estamos a preparar unha xornada festivo-divulgativa na Horta de Quinín, Redes (Ares).

Este é un programa desenvolvido en colaboración coa AIC de Caamouco que ten por obxecto sensibilizar sobre o coidado do medio ambiente e os valores da custodia do territorio a través do espazo interpretativo da Horta de Quinín.
Dirixida a adultos, mocidade e nen@s contará con proxeccións, identificación de árbores autóctonas, xogo de tesouros, degustación de produtos hortícolas, creación dun “hotel” de insectos, plantación de froiteiras, etc.