Este sábado día 25 de maio de 2019, de 10:30 a 13:30,  no marco do Segundo “Obradoiro para aprender a cultivar a túa horta”dentro do espazo en custodia de A Horta de Quinín, xestionada pola Agrupación Instrutiva de Caamouco e a Asociación Betula imos  ter a oportunidade de aprender a combater as pragas e enfermidades que afectan á horta e o xardín.

Nesta actividade, na que se pretende dar a coñecer o horto, identificar especies e aprender as súas necesidades básicas imos facer un “Obradoiro para preparar tratamentos  naturais para combater pragas e enfermidades na horta e xardín”.

O temas a tratar serán os seguinte:

  • Materiais e compostos naturais a empregar.
  • Recolección e identificación de plantas útiles para elaborar preparados.
  • Preparación de distintos preparados.

Os prezos serán:

  • 12€ Socios da Agrupación Instrutiva de Caamouco e a Asociación Betula.
  • 14€ Non socios.

Ademais, levarás para a túa casa unha mostra dos produtos elaborados.

Se te animas, podes participar chamando ao seguinte número de teléfono: 626107231. Aquí recibirás toda a información que precises sobre esta actividade.