Vén de facerse efectiva, o 24/05/19,  a colaboración de Betula co colexio Cª de María de Ferrol na recuperación da vexetación autóctona.

O alumnado deste centro, coordinados polos profesores Belén e Anxo, levaron a cabo durante o curso 2018/19 unha recolleita  de landras e castañas nas Fragas do Eume que puxeron a xerminar no colexio. Acadaron uns moi bos resultados, xa que conseguiron reproducir con éxito unhas 150 plantas, que ao remate do curso necesitaban por en custodia para proceder no outono ao traslado definitivo ao terreo.

Porén, postos en contacto con Betula, acordamos esta colaboración e a posibilidade de realizar no outono unha xornada con alumnado de plantación en diferentes parcelas.

A boa disposición doutro membro activo e colaborador de Betula, Bernardo Máiz,  fixo posible o traslado á horta da tía Xoana, no Seixo, onde permanecerán unha boa tempada.

Agardamos rematar con éxito esta restauración con plantas autóctonas e que árbores e nenos medren vizosos e conocienciados de que a colaboración e participación son tarefas fundamentais na protección medioambiental.