Os técnicos deste Centro amosaron o seu interese en utilizar as parcelas de Betula para a reintrodución e recuperación dunha especie vexetal catalogada como vulnerable en Galiza: O fieito Dryopteris_guanchica

Trátase dun fento raro do xénero Dryopteris propio de cavorcos e vales pechados ou abeirados con alta humidade atmosférica, preto do mar.

O pasado 4/10/2018 tivo lugar a primeira visita ás parcelas de Betula para comprobar in situ a idoneidade do terreo, facer un recoñecemento e acotar as zona axeitadas para a reintrodución.

Do mesmo xeito decidiuse o seguinte:

  • Acordouse establecer unha data para a plantación cando as condicións de humidade o posibiliten.
  • Nesta plantación participarán alumnos do Centro como voluntariado, xunto con persoal de Betula.

Nesta visita participaron Pilar e Jorge, por parte do Centro Experimental; Luís Costa e Alba, polo Parque e César e Pedro, por Betula.