O pasado 28 de maio tivemos unha nova xornada deseucaliptizadora no Monte Fontelo en Ferrol.
Luisa e Lan tomando un pequeno acougo durante a xornada.
Xunto aos nosos compañeiros das Brigadas Deseucaliptizadoras, asociaciones de Brión y San Felipe-San Cristóbal e Xeración; baixo un Sol de xustiza e nun ambiente coma sempre inmellorable, desenvolvéronse as tarefas que a deseucaliptización conleva.
Estupenda xornada deseucaliptizadora. Que veñan moitas máis!!
E despois do traballo a imprescindible xuntanza para o xantar e algunha cousiña máis…
Un dos protagonistas da xornada foi o socio de Betula e Brigadista Álvaro Alfaro que está a preparar o TFG cun proxecto de recuperación do propio monte Fontelo. Álvaro atendeu aos xornalistas de Ferrol360 desprazados.