O pasado 11 de xuño socios voluntarios de Betula achegámonos a terras de Monfero para continuar coa deseucaliptización da finca que a asociación ten en propiedade no Carballón.
As nosas queridas fragas dende o Carballón
Trátase dunha finca encravada nas Fragas do Eume cun altísimo valor ecolóxico e paisaxístico.
Suso non falta á súa cita con Betula.
A dificultade do traballo é alta debido a gran pendente da zona e a restos de podas anteriores que entorpecen o movemento pero a bo ánimo acompañounos durante toda a xornada.
Nes atopando a ferramenta extraviada noutros tempos.
E despois do traballo o xantar. O tempo estivo incríbel e a compaña foi inmellorable. O lacón tampouco estivo nada mal, non.
Momentos bucólicos no Carballón.
Outra xornada de traballo voluntario en contacto extremo coa natureza, pode haber algo mellor?
Non dubidedes a apuntaros para a próxima, merece moito a pena!!!