A nosa asociación vén de rematar unha das tarefas prioritar ias en relación coas súas parcelas nas Fragas do Eume.

Ao abeiro da convocatoria da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, publicada en xullo de 2016, presentamos un programa de “Eliminación de especies invasoras e restauración da vexetación autóctona”.

Este proxecto, que se realizou con medios propios, pretendía conseguir a restauración do ecosistema natural das dúas fincas, denominadas Figueiras e Fornelos, situadas no Parque Natural das Fragas do Eume que a nosa asociación ten en propiedade no concello de Monfero. Esta restauración consistíu na eliminación mediante a tala de 350 pés de eucalipto, a retirada dos troncos talados que afectaban a vías á rexeneración da vexetación e ao entorno fluvial e finalmente a cubrición dos tocóns para evitar o rebrote dos mesmos.

A colaboración de voluntarios, socios e simpatizantes, fixo posible este labor. Hoxe en día temos a satisfacción de ofrecer ao colectivo de socios e á sociedade en xeral unhas fincas libres de eucaliptos e cun bosque atlántico rexenerado.