O pasado 25 de abril, dentro dunha nova xornada dos Encontros Naturalistas organizada polo Grupo Naturalista Hábitat, dous membros da Directiva de Betula, Pedro e César, desprazáronse á Coruña para facer unha presentación no local desta entidade.
O Grupo Naturalista Hábitat tivo a iniciativa de convidarnos a amosar o noso traballo, e expor a traxectoria e proxectos de Betula.

Queremos agradecer aos compañeiros do Grupo Naturalista Hábitat a súa acollida, xa que se tratou dunha xornada moi amena na que ao final desta xornada tivo lugar un coloquio no que expresaron os seus parabéns polo noso labor.

Por ambas partes coincidimos na boa disposción para manter contactos a miúdo e barallamos a posibilidade de futuras colaboracións.

Unha xornada agarimosa na que nos sentimos entre amigos.