O pasado 27 de Outubro de 2019 celebramos a III Xornada Betula de Convivencia na Natureza para a que contamos cunha participación de 22 persoas.

Nesta ocasión preparamos unha andaina no singular entorno natural Belelle-Fervenza (Neda). Partindo da área recreativa de Maciñeira, visitamos a finca en convenio con Andrés Santalla, remontamos a  ribeira do Belelle ata o muíño da Asociación Micolóxica Viriato, onde o socio José Bouso fixo unha interesante explicación micolóxica e continuamos ata contemplar o extraordinario espectáculo da  Fervenza.

De volta compartimos xantar no pavillón polideportivo do Roxal e proxectamos o vídeo “Os camiños senlleiros” realizado por Maricarmen Tapia.

E, para rematar, achegamos ideas na tertulia de sobremesa.

Valoramos positivamente todos os elementos deste variado programa.