Betula segue a facer xestións cara a incorporar novas zonas de custodia.

O día 20/03/2019 mantivemos unha entrevista co alcalde de Neda para propoñerlle asinar un convenio de custodia en terreos de titularidade municipal. Achegámoslle un borrador para o seu estudo e suxestións, así como un anexo cunha relación de posibles actuacións.
Amosou boa disposición, aínda que considera conveniente pasar o período electoral para tomar decisións. Pola nosa parte tamén vemos acaída a decisión.

Os representantes de Betula tamén lle fixemos saber a nosa carencia de local para sede da asociación, polo que agradeceriamos a cesión dalgún disponible no concello. Confirmou a existencia de espazos e pospón a decisión ata pasadas as eleccións.

Valoramos a boa acollida e as súas manifestacións sensibles cos temas medioambientais.