Benqueridos socios e simpatizantes:

O ano 2022 rematou coa adquisión dun total de 13.983 m2 repartidos en diferentes localizacións principalmente nos concellos de Ares e Monfero.

Todas as parcelas cumpren cos requisitos de seren zonas degradadas cun alto valor medioambiental, cultural e paisaxístico.

As terras de Ares localízanse principalmente na zona de A Bailadora e do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, situado na parroquia de Cervás.

As terras de Monfero, como non pode ser de outra maneira, corresponden con parte do Parque Natural das Fragas do Eume.

A adquisición destas novas terras para que Betula as podia custodiar non sería posible sen a colaboración tanto de socios e simpatizantes, que colaboraron connosco na adquisición, como da Deputación da Coruña que, mediante a convocatoria do programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente durante o 2022, concedemos unha axuda para poder mercar tres novas fincas no Parque Natural das Fragas do Eume.

Podes consultar as parcelas en propiedade/custodia no noso xeovisor:

Lembramos a importancia do VOLUNTARIADO para a transformación destas zonas degradadas; os traballos de limpeza, deseucaliptización, plantación de autóctonas… requiren de man de obra de xente extraordinaria. ANÍMATE!!

Pero a cousa non remata aquí xa que neste 2023 xa contamos con 1703 m2 de novo terreo en propiedade na zona de Montefaro en Ares.

A todos os que o fan posible… GRAZAS!!!

Non dubidedes en formar parte desta loita, agora máis que nunca FAITE SOCIO E COLABORA!!