O pasado venres 4 de novembro, Betula colocou un poste informativo no miradoiro da Bailadora en Montefaro, Ares.
Reunidos antes da pandemia co alcalde e concelleiros/as do Concello de Ares, ofrecímonos a asesorar e colaborar na rexeneración dun territorio maltratado durante moitos anos polas plantacións descontroladas de eucaliptos e polos lumes. Un territorio cunha paisaxe excepcional e cun patrimonio histórico de potencial turístico enorme.
“As cousas de palacio, van despacio”, mais Betula, grazas a doazón dun particular dunha parcela estratéxicamente situada no espectacular entorno deste miradoiro, comeza a poñer a semente da recuperación ambiental de Montefaro.
Facemos pública a nosa intención, colocando este poste ca información do territorio custodiado; debaixo do pradairo que resisteu aos lumes e as motoserras e que será o vixiante do nosos anaco de bosque.
Achegádevos a desfrutar da paisaxe e cando teñades ganas de colaborar, non dubidedes encontactar connosco; necesítanse mans para DESEUCALIPTIZAR E SEMENTAR. UNETE A NOS.