Dende a Asociación Comuneiros do Chá de Brión e Doniños están organizando para este mes de marzo unha serie de charlas das cales a primeira xa tivo lugar o dia 10 en Brión. A próxima é moi especial e centrada no patrimonio arqueolóxico do monte.

Venres 24 de marzo ás 19:00 h na AVV de Valón. Os arqueólogos do INCIPIT Carlos Otero e Pastor Fábrega presentarán o resultado do estudo arqueóloxico que realizaron o pasado ano sobre a necrópole do Chá e que relaciona a construcción das mámoas e a orientación destas en relación ao firmamento, constelacións e representacións destas na distancia que separa a posición dos túmulos.

Adxuntamos  a memoria do propio estudo arqueolóxico en pdf, non obstante consideramos que vai ser de moito interese poder escoitar en directo as explicacións dos especialistas acerca dese patrimonio do monte do Chá, descoñecido para moita da veciñanza de Ferrol e comarca.

MEMORIA INCIPIT Monte do Cha. con logos