Na xornada de onte estivemos no Mosteiro de Santa Caterina en Montefaro (Ares) na fase 2 do proxecto Rural Lab, unha iniciativa posta en marcha no 2020 por a Fundación Gabeiras e a Fundación Didac, ca estreita colaboración da Axencia Galega de Innovación e @innova_con_deseno_galego, o @culturagob e instituciones como @medialabmatadero á que se foron sumando vontades como as de Asociación A Monte, Asociación Betula, o Concello de Ares, AGADER, GDR-Seitura 22 e REDS coa indispensable colaboración dos veciños e veciñas locais de Ares e Ferrolterra.
En líña ca metodoloxía colaborativa que se seguiu dende o comezo do proxecto, organizáronse istas novas xornadas abertas para a creación dun monte soberano. Alí estivo Manolo HH de @rne para contalo para toda España e o noso compañeiro André Santalla para falar de Betula e a súa implicación no proxecto. En canto teñamos o audio o subiremos na pestana de entrevistas nos medios.

Esta iniciativa tiña como obxetivo nesta xornada a posta en común coa veciñanza e demais entidades municipais do futuro proxecto Montefaro, para a creación dun plan de explotación do monte sustentable.
Na xornada do sábado pola mañá , o noso vicepresidente Pedro Cruzado, explicou aos participantes a custodia do territorio e manifestou o seu pesar polas trabas que nos pon a administración á hora de darnos subvencións e impedindo certos traballos que consideramos de rexeneración do bosque atlántico pero que a nivel normativo non se contemplan e non nos deixan facer.
