Betula mantén dende hai uns anos unha colaboración co Centro de
Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo
, centro que ten como obxectivo respostar ás necesidades formativas das/dos profesionais, entidades, asociacións e poboación relacionada con actividades agrogandeiras, forestais e dinamización do medio rural.

Dentro dos traballos deste centro, os biólogos conseguiron reproducir en viveiro o fieito Dryopteris Guanchica, que conta cunha pequena poboación nas Fragas do Eume, onde queren reforzala neste entorno.

Dende Betula chegamos a un acordo co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo para realizar este reforzo da poboación de Dryopteris Guanchica nas parcelas das Fragas do Eume que temos en propiedade. Deste xeito, dende comezos deste ano 2019 estamos a traballar nos traballos de selección dos lugares idóneos para a plantación de varios exemplares deste fieito

Os traballos desta xornada consistirán na plantación dunhas dez plantas do fieito Dryopteris Guanchica nas parcelas que Betula ten en propiedade nas Fragas do Eume.