Venres 4 febreiro.
5 voluntarios apaixonados máis un todoterreo que polo aspecto parecería que non chegaría pola corredoira de pedras á plantación de bidueiros do Marraxón.

Retiramos os titores dos 100 bidueiros plantados.
Case tódalas arbres teñen bo aspecto, agora, aínda en parada vexetativa pero algún dos máis adiantados xa asoman os novos brotes.

Como observamos que están moitos ramoneados, procedimos a colocar de novo os protectores e colocar ben os que aínda estaban .
Como somos unhas máquinas, o traballo foi doado e rápido, a plantación atópase nun lugar fácil de acceder e sin pendente . As vistas é outro atractivo deste que será o biduiral de Marraxón que perdurará na historia de terras custodiadas por Betula.