A Xunta Directiva de Betula está a desenvolver o programa de actividades e investimentos aprobado na Asemblea Xeral de febreiro.

Unha das andainas programadas ten como obxectivo dar a coñecer a finca conveniada na zona de Vilalba con José Vidal, preto do río Ladra e outros lugares de interese medioambiental como a ruta da auga en Guitiriz.

 

Este roteiro pola Terra Cha vai ter lugar o 10/08/2019 e incluirá tamén a visita a casa museo de Víctor Corral, en Baamonde.

 

 

 

 

O desprazamento farase en autobús dende Ferrol, co seguinte horario:

Saídas:

  • da Rua Ramón y Cajal, en fronte do CIFP Ferrolterra (barrio de Recimil) ás 9:15 h.
  • de Vilar do Colo (na gasolineira) às 9:30 h.

 

Itinerarios:

  • Parga-Guitiriz: ruta da auga (5 km, dificultade media)
  • Baamonde: casa museo de Víctor Corral e xantar
  • Vilalba: Fraga de Vidal e paseo dos persoeiros da Terra Cha, 1 km. (río Magdalena, dificultade baixa)

Regreso a Ferrol sobre as 20:30 h.

 

O prezo por persoa é de 30 € e inclúe desprazamento en bus, xantar nun restaurante, seguro e monitor.

A inscrición farase achegando os datos persoais: Nome, apelidos e DNI ao Tlf:. 605355650, antes das 22:00 h.  do 7/08/19, para reservar e poder formalizar o correspondente seguro.

 

Os menores irán acompañados dun adulto responsable.