O pasado venres día 8 de abril organizamos un roteiro polas Fragas do Eume co alumnado do CFEA no que, ademáis, participaron na plantación de diferentes exemplares de fieitos autóctonos no xardín que hai no centro de interpretación do parque.

Como sabedes, este xardín é froito da colaboración entre o parque natural, o CFEA, a Deputación da Coruña e a nosa asociación para a Custodia do Bosque Atlántico BETULA.

Betula encantada de acompañar a futur@s profesionais que van a coidar da nosa paisaxe e dos nosos bosques.

Tamén colaboraron mercándonos as bolsas de tea que lles encantaron.

Este roteiro está financiado polo programa de axudas a entidades sen fins de lucro convocado pola Deputación da Coruña para as actividades realizadas no ano 2022.