Imos invertir todo o doado nas achegas, case 7000€!!

O obxectivo é mercar cinco fincas na zona de Monfero dentro do Parque Natural das Fragas do Eume.

Algunhas contan con fermosas fragas e outras con eucalipto polo que será preciso unha labor deseucaliptizadora, non dubidedes en botar unha man!!

Non é doada a tarefa de adquisición de terreos para a custodia; fan falla varias xornadas para estudar que fincas son as máis convenientes por proximidade a outras xa en propiedade, as que teñen maior valor natural ou ben fincas con eucaliptos porque queremos deseucaliptizar as fragas.

Todas estas laboras son levadas a cabo polos técnicos e expertos de Betula.

A nosa equipa de expertos en búsqueda de terreos para as novas adquisicións da asociación.

Despois hai que falar cos propietarios, tema delicado porque hai que contarlles quenes somos e que pretendemos ademáis de convencelos para que vendan.
Dicir que xa temos bos contactos que nos facilitan este traballo.
E tamén é complicado e leva o seu tempo atopar os marcos, se existen! En ocasións hai que delimitar a parcela cos datos das escrituras.

Todo este traballo sería imposible sen @s soci@s e voluntari@s da asociación. Moitas grazas a tod@s!!