Un ano mais, dende a Asociación Betula coordinamos a XIV Limpeza Simultánea de Ríos insistindo no noso malparado río Baa .

O Proxecto Ríos nace en Galiza no ano 2005 promovido por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), cos propósitos de divulgar a situación ambiental dos nosos cursos fluviais, contribuír a incrementar a concienciación ambiental a través da participación cidadá e aportar solucións aos problemas asociados á auga e aos ríos, así como de convertese nun referente nos programas de educación e voluntariado ambiental.

Este ano, debido aos condicionantes impostos pola pandemia do Covid-19, decidimos escoller dúas zonas amplas do río Baa, una no concello de Cabanas e outra no Concello de Fene, e así poder manter un distanciamento social recomendable.

A xornada de limpeza terá lugar este domingo día 26 de setembro entre as 10,30 e as 13.30.

O punto de encontro será ás 10:30 horas fronte a nave de Salvamento Marítimo, no Polígono Industrial de Vilar do Colo.

Para o día da limpeza, lembrar que os materias precisos ou recomendables son:

-Luvas (mellor que cada voluntario/a traia as súas da casa).

-Botas de auga ou calzado impermeable.

Para o desenvolvemento da xornada é preciso contar con algunhas medidas de seguridade elementais para non mancarse ao retirar o lixo. Algunhas poden ser:

-Non arriscar a integridade física por coller lixo en zonas perigosas ou pouco accesibles.

-Ao levantar pesos facelo sempre dobrando os xeonllos. Pedir axuda a outros compañeiros/as para recoller cousas pesadas.

-Se hai cristais, vidro, ferralla, ou outro material cortante retiralo con precaución se é posible.

-Aplicar o sentido común. Sempre se pode chamar ao concello para que retire o lixo máis problemático.

-Se no grupo van nenos/as ter boa conta deles e non deixalos sós.

-Non traballar de costas ao río sobre todo se estamos arrincando algo que está enterrado xa que podemos caer ao cauce.

-Ter coidado coas zonas de corrente forte e profundas.

Se tedes calquera dúbida podedes contactar con nós e  anotarvos dos seguintes feitos:

Vía correo :custodia.betula@gmail.com

Whatsapp de Xavi: 651884692 ou Lan: 605355650

Indicando nome e apelidos e mais DNI das persoas participantes maiores de idade.

Os menores deben de ir acompañados dun adulto.

Agardámosvos