Cumprimos 10 anos de custodia do nos querido bosque atlántico e tiñamos que celebrar este aniversario por todo o alto!!!
Que mellor que convocando un día do socio cunha andaina e un petiscos!!
A xornada comezou con dúbidas polo tema da choiva pero se existe algún Deus no ceo é consciente do noso labor e respetounos.
Partindo dende a Escola de Tenencia de Redes, Horta de Quinín onde os compañeiros deron unha charliña, Porto de Redes, un terreo recén asinado en custodia polos irmán Montero Pazos…
Cogomelos, Carballos, Castiñeiros e algunha que outra alóctona invasora; a xornada ranscurría tranquila e divertida coma sempre.
Xa de volta na escola foi o tempo da estrea do novo video “Betula, Percorrendo o camiño” co que conmemoramos estes 10 anos. Obra marabillosa de Rita Tojeiro (Locución e montaxe), Manuel Legazpi (Música) e César Martínez e Andrés Santalla (Guión).
Tralo video chegou o momento da charla centrada no traballo pendente para esta parte final do ano e tamén nos novos proxectos que Betula ten entre mans a curto e medio prazo e a continuación a entrega dos “PREMIOS BETULA 2022” en recoñecemento a persoas e entidades en convenio e doantes. GRAZAS A TODOS!!!
Para rematar a xornada contamos con petiscos achegados tanto por Betula coma polos socios e cun pequeno magosto con castañas asadas. O xantar estivo amenizado pola música de Roberto Montero.
Esta actividade foi financiada polo programa de axudas a entidades sen fins de lucro convocado pola Deputación da Coruña para as actividades realizadas no ano 2022.