Benqueridas/os socios/as:

Estamos aquí e xa pasaron 10 anos do nacemento de Betula como asociación de custodia e o imos a celebrar o próximo SABADO 29 DE OUTUBRO, NA ESCOLA DA TENENCIA EN REDES.

Queremos que todas/os os que poidades vir nos acompañedes nesta xornada de convivencia para reencontrarnos e  falar do proxecto de Betula , de todo o que se fixo i o que está por facer, dar opinións , propoñer ideas, ofrecer colaboracións….pero tamén compartir o día dando un paseo polos arredores de Redes, tomando uns petiscos e como final da xornada teremos música e castañas asadas.

Tedes un plan mellor para o sábado 29?

PROGRAMA BETULA

29/10/2022, Día do Soci@ e homenaxe convenios

11:00 h. Roteiro Redes-Costa Almieiras. 5 Km. Dificultade baixa.

 A Tenencia- Horta de Quinín-Refuxio morcegos-Redes-Finca en convenio río Sandeu- Camiño do Crego- A Tenencia.

13:00 h. A Tenencia. Proxección resumo actividades 2022.

13:30 h. Coloquio e propostas soci@s.

14:00 h. Recoñecemento a persoas e entidades en convenio e doantes.

14:30 h. Xantar compartindo petiscos. Betula completará con empanada, sobremesa e bebidas.

15:30 h. Magosto 10º aniversario Betula. Animación Roberto Montero. 17:00 h. Clausura da xornada.

Inscripcións para o roteiro ata o 26/10/22, ás 24:00 h. Achegar DNI, nome e apelidos, por mor do seguro.

Aforo roteiro: 50 persoas, por orde de inscripción.

 

 

¡¡¡¡ESPERAMOSVOS A PARTIRES DAS 11H. NA ESCOLA DA TENENCIA EN REDES.!!!!!!

 

 

Actividade financiada polo programa de axudas a entidades sen fins de lucro convocado pola Deputación da Coruña para as actividades realizadas no ano 2022.