En colaboración cas asociacións de veciños da Graña e Brión, xunto cas brigadas deseucaliptizadoras, asociación de voluntariado Xeración e o grupo de Scouts19 de Ferrol; levamos a cabo esta xornada de retirada de gromos de eucaliptos no monte do estado , con permiso das autoridades militares que tamén mandaron un grupo de traballo.
Téntase levar a cabo a recuperación deste bosquete autóctono que resiste na comarca de Ferrol.
Tivemos unha xornada estupenda e moitas mans para arrincar eucaliptos.
Esperamos continuar con esta conservación para preservar o bosque autóctono.

O monte Fontelo presenta unha das formacións vexetais con maior valor de toda a Ría de Ferrol. Conta con 17 ha de frondosas caducifolias autóctonas de Galicia, sendo unha representación do Bosque Atlántico da comarca. Ademáis posúe o conxunto de mámoas e enterramentos megalíticos de A Cheira e os petroglifos e representacións neolíticas de As Coviñas.

Nesta xornada coñecimos a Álvaro, un rapaz que fixo o grao de paisaxismo da universidade da Coruña e cuxo traballo de fin de grao, recopila minuciosamente toda a información de este monte dende antes da ocupación polo estado e de como se necesita preservar iste espacio para que siga sendo un bosquete autóctono e non se degrade ca invasión de especies alóctonas.
Álvaro fíxose socio de Betula ese mesmo día e agora nos representa como parte da equipa que vai traballar na consecución da preservación do monte Fontelo.