Manifestación contra a invasión eólica -Ferrol 26 de novembro-
Boas compañeir@s
O dia 26 de novembro seguindo a estela das manifestacións de A Coruña, Vigo e Lugo o colectivo local Vento Mareiro convoca en FERROL unha manifestación contra a invasión eólica que pretende destruir os ecosistemas que permiten a vida do rural galego e do sector pesqueiro para beneficio exclusivo do Oligopolio enerxético; Defendemos unha transición enerxética xusta social e medioambientalmente, ó servizo das persoas e non do capital.
¡¡O pobo galego unido contra a depredación enerxética!!