Bo día compañeir@s:
Como ben sabedes, estase levando a cabo o desenrolo de proxectos eólicos, mineiros e de celulosas que son masivos, sobredimensionados, ineficaces e por riba sen planificación algunha.
Baixo un paradigma privatizador e centralizado, cunha ausencia total de políticas efectivas de aforro e eficiencia enerxética.
Esto supón unha enorme presión sobre a vida das persoas no noso pais. Estamos falando da nosa vida, a vida das nosas veciñas que viven do mar e da terra, e a vida de tódolos seres vivos cos que compartimos o territorio e os ecosistemas mariños e terrestres.
A biodiversidade de Galicia é a máis rica e singular de toda Europa occidental … ¿ata cando vai ser así?
Queren destruír a nosa calidade de vida e acabarán por botarnos da nosa terra. ¡ESTAMOS FARTAS!
NON queremos rios nin rías contaminadas, nin queremos que nos invadan as minas, os eólicos e os eucaliptos.
Por iso dende Contra Vento e Maré, colectivos sociais de Pontevedra e comarca queremos convocarvos o vindeiro domingo 28 de abril ás 12:30 á manifestación de Pontevedra, baixo o lema:
O Pobo Galego Unido Contra a Depredación Enerxética
As Cidades e o Rural Xuntas Contra o Capital
Dando así continuidade ás manifestacións realizadas anteriormente nas seguintes cidades:
Ferrol: 26 de Novembro de 2023 convocada por Vento Mareiro
Lugo: 21 de Maio de 2023 convocada por Un Vento Vén
Vigo: 22 de Xaneiro de 2023 convocada por Veu Polo Aire
A Coruña: 25 de Setembro de 2022 convocada por Foi Polo Vento