Galiza mobilizarase o 5 de xuño, Día do Medio Ambiente en defensa dos nosos territorios, por un modelo enerxético xusto, sustentábel, por e para o pobo!

Baixo o lema “Temos Alternativa!” a Coordinadora Eólica Así Non convoca a toda a sociedade galega a manifestarse en Santiago de Compostela por un modelo alternativo da enerxía que:

-Protexa a Natureza!
-Preserve os caladoiros de pesca e os corredores ecolóxicos mariños
-Coide e valore o noso patrimonio
-Sexa compatíbel coa soberanía alimentaria
-Prime o aforro e eficiencia enerxética
-Dea soberanía ás galegas sobre os seus recursos
-Planifique a eólica con fins socioambientais e ao servizo do país
-Respecte e favoreza a participación pública
-Preserve a saúde pública

Desde a Coordinadora Eólica Así Non advírtese de que o actual modelo de transición no eido enerxético só responde aos intereses das grandes corporacións da enerxía e que non contribúe a superar o reto climático, pois segue apostando polo espolio do territorio, a fragmentación de hábitats, a perda de biodiversidade e por unha produción intensiva e centralizada da enerxía que somete cativa á sociedade. E propón un novo modelo enerxético sustentado en 9 principios fundamentais que recolle o manifesto Temos alternativa!

Betula adhírese a esta crucial iniciativa e estará presente o próximo 5 de xuño en Compostela. NON FALTEDES!!