Seguimos avanzando no programa anual de actividades, nesta ocasión, coa programación dunha andaina pola costa de Ares, dende Cervás ata a vila de Ares.
Esta nova andaina celebrarase o día 25/05/2019 e nela percorreremos outro tramo de costa da península de Bezoucos de grande interese natural, paisaxístico e arqueolóxico.
O percorrido será duns sete quilómetros de dificultade media baixa.
Partirá do aparcadoiro do cemiterio de Cervás e rematará na vila de Ares seguindo o carreiro costeiro.
A saída está prevista para as 10:30 h. e o remate sobre as 14:00 h. en Ares.
Ao longo da mesma diferentes especialistas irán explicando as singularidades que presenta no que se refire á flora e fauna, arqueoloxía, sobre ameazas e valores a preservar, etc.
A inscrición é gratuíta e farase achegando os datos persoais: Nome, apelidos e DNI a Lan, no Teléfono 605355650, antes das 22:00 h. do 23/05/19, a efectos de formalizar o correspondente seguro.