Este sábado día 25 de maio de 2019, de 10:30 a 13:30, no marco do Segundo “Obradoiro para aprender a cultivar a túa horta”dentro do espazo en custodia de A Horta de Quinín, xestionada pola Agrupación Instrutiva de Caamouco e a Asociación Betula imos ter a oportunidade de aprender a combater as pragas e enfermidades que afectan á horta e o xardín.
Nesta actividade, na que se pretende dar a coñecer o horto, identificar especies e aprender as súas necesidades básicas imos facer un “Obradoiro para preparar tratamentos naturais para combater pragas e enfermidades na horta e xardín”.
O temas a tratar serán os seguinte:
- Materiais e compostos naturais a empregar.
- Recolección e identificación de plantas útiles para elaborar preparados.
- Preparación de distintos preparados.
Os prezos serán:
- 12€ Socios da Agrupación Instrutiva de Caamouco e a Asociación Betula.
- 14€ Non socios.
Ademais, levarás para a túa casa unha mostra dos produtos elaborados.
Se te animas, podes participar chamando ao seguinte número de teléfono: 626107231. Aquí recibirás toda a información que precises sobre esta actividade.