Betula participou (con máis de 40 socios) na xornada antieólicos de Caaveiro celebrada o 5/09/21
con gran asistencia de persoas e entidades. Este acto tivo ampla repercusión nos medios porque
tamén representaría un deterioro irrevensible para o Parque Natural das Fragas do Eume.
A asociación conta cunhas 14 ha. en propiedade neste entorno, sobre as que vén facendo esforzos
para conservar e restaurar cando procede. Porén, consideramos que estas e outras agresións non
deben producirse endexamais.