Vanesa e Chicho son dous rapaces que viaxan xunto cos seus cans nunha minifurgoneta na procura de lugares máxicos.
Esta encantadora parella ten un canal en Youtube onde mostran as súas aventuras e desventuras.
Na súa primeira visita ás Fragas do Eume coincidiron con Luisa e André que andaban a dar a coñecer Betula aos visitantes e non dubidaron en incluirnos na súa reportaxe, moitas grazas!!
(Podedes ver aos nosos representantes no minuto 24:37)
Neste segundo video podemos ver aos viaxeiros noutra etapa da viaxe polas Fragas onde Chicho luce camiseta de Betula!
Ben feito!