Non existen temperaturas máximas que deteñan o labor de Betula.
Colocación dun novo poste nunha parcela do Belelle custodiada por Betula.
Propiedade do compañeiro André, esta fermosa parcela na beira do río Belelle xa conta co sinal oficial de Terra en Custodia.


Limpeza e deseucaliptización en Montefaro.
Voluntarios de Betula realizaron unha primeira limpeza de roza e deseucaliptización nunha das fincas en custodia en Montefaro no concello de Ares.

Acordo de colaboración entre Betula e Funden-Fundación Enrique Montoliu
A piques de asinar un acordo para a custodia de case 30 hectáreas encravadas nas nosas queridas Fragas do Eume no concello de Monfero propiedade da fundación Funden-Fundación Enrique Montoliu.
