Este sábado, 15 de agosto do 2020, temos preparada unha actividade no Parque Natural das Fragas do Eume en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat.
Bolboretas e Avelaíñas. Pequenas historias dos nosos lepidópteros
É unha actividade que constará de dúas partes:
Unha charla sobre Bolboretas e Avelaíñas que se impartirá no Centro de Interpretación das Fragas do Eume (Ombre) da man de Elia Pérez Taboada e Manuel Cernadas Villar (membros do G.N. Hábitat) que dará comezo ás 10:30 horas
Un roteiro interpretativo dentro do Parque Natural unha vez rematada a charla, sobre as 11.00 horas.
A actividade será gratuíta e con unha asistencia máxima de 25 persoas (por orde de inscrición), polo que é precisa a inscrición previa a través de:
No tlf.: 605355650
Haberá que indicar o nome completo e DNI.
Prazo de inscrició aberto ate o xoves, 13 de agosto.
Anímate a participar!!!