BETULA pretende conservar os nosos bosques mediante acordos o convenios a longo prazo cos seus propietarios e sobre todo adquiríndoos (compra, doazón) acadando neste caso a súa conservación a perpetuidade.
Por iso é moi importante ter unha relación dos bosques e bosquetes de frondosas autóctonas (carballos, castiñeiras, salgueiros, freixos, etc.) que os socios e simpatizantes podedes facer nos vosos paseos. Podedes descargar a “plantilla” adxunta para cubrila. (Cadro Catálogo SixPac)
Na maior parte dos casos, un bosque ou bosquete é un conxunto de parcelas catastrais dun ou varios propietarios de carácter privado. Tratase de identificalo coas súas cordeadas xeográficas (punto medio), as súas referencias catastrais (nº polígono+nº parcela+nº recinto). Hai que ter en conta que unha parcela catastral pode ser dun solo “recinto”, por exemplo toda ela forestal ou de dous o mais recintos cando ten distintas superficies de vexetación (bosque, pradeira, terras de cultivo, etc).
Instrucións
1.-Superficie mínima de bosquete a catalogar: 2000 m2 (aprox. 4 ferrados)
2.-Temos que instalar o programa gratuíto oficial SixPAC https://sixpac.xunta.es/visorhtml5/ , coa súa última versión e así ver as fotos aéreas (ortofotos) destes bosques ou bosquetes
3.- Ábrese o Visor SixPac e buscamos a zona que imos visitar ou recoñecer e configuramos a ortofoto (indo a esquina superior dereita) para que se superpoñan na foto as parcelas catastrais desa zona. A continuación facemos unha fotocopia en color para levala ó campo.
4.- Unha vez que nos atopemos na zona marcamos con bolígrafo, na fotocopia, a/as parcela/s do bosquete. Poderemos marcar cun “C” se a especie principal son carballos, un “S” se é souto de castiñeiras, un “A” se son ameneiros, etc
5.- Logo, en casa, mirando no programa SixPac instalado no noso PC buscamos co rato un punto no medio do bosquete e anotamos na columna do Catálogo a latitude e lonxitude.
Despois pasando o rato sobre cada parcela vemos o seu número de identificación (nº polígono+nº parcela) e picando sobre ela obtemos a ficha chamada “Información SigPac” que trae os datos da súa superficie total e sobre todo das superficies e pendentes medias de cada “recinto” forestal (clave FO) que iremos pasando ao Catálogo.
6.- Así mesmo anotamos a especie arbórea principal e outras existentes e, na derradeira columna, o ESTADO DE CONSERVACIÓN E OUTRAS INFORMACIÓNS.
Convén indicar o estado no que se atopa o bosquete, ameazas e perigos, se ten valado, o acceso, etc. Non poñer xamais o nome/s do propietario/s aínda que se coñezan. Neste caso indicar simplemente “Propietario/s coñecido/s”.
7.- Unha vez feito o teu catálogo hai que mandalo á correo de BETULA: custodia.betula@gmail.com onde faremos o catálogo xeral ordenado por concellos.