Benqueridas/os socias/os e simpatizantes: ide pensando en que actividade queredes participar e moito mellor se vos interesan todas, porque Betula quere compartir con todos vos varias xornadas i esperamos que vos animedes a participar.

Este sábado día 15, temos xornada de traballo en Monfero. Traballo livián: sinalizar nunha parcela custodiada as arbres ventureiras e arrincar algún gromo de eucalipto.

Se ainda non te apuntaches ao grupo de traballo que temos en wasp, anímate a facelo, necesitamos mans para restaurar os montes maltratados polas plantacións de eucaliptos, cantas mais mellor.

E si en vez do monte queres ir a praia , pois tamén hai xornada de limpeza na praia de Maniños, xunto ca asociación AETNA, que tamén compartimos o pasado fin de semán a limpeza de ríos.

Mandamos hora e lugar de encontro no cartaz adxunto.

imagen.png

Para ambalas dúas actividades e preciso que te anotes, reenviándonos este correo cos teus datos; Nome e apelidos e DNI, para facervos o  seguro de accidentes para esa xornada.

I estade atentas/os en próximos días anunciaremos dúas xornadas lúdicas , ¡que non todo vai ser traballar.¡¡ Iremos de ruta e xantaremos xuntas/os.

Para que vaiades reservando a data, adiantamos que estas xornadas serán o sábado 29 de outubro e o sábado 5 de novembro.

ESTADE ATENTAS/OS BETULA VAI FESTEXAR O OUTONO…..CON TODOS VOS.