Logo do descanso estival volvemos con novas actividades.

Este venres estaremos na escola de Limodre para dar unha charla sobre custodia do territorio.

O edificio que albergou ate hai tres anos a escola pública de Limodre é un deses lugares perfectos para explicar o que significa a custodia do territorio, xa que se trata dun edificio de alto valor patrimonial que se xestou no ano 1924 e se inaugurou en 1927 e, como non podía ser doutro xeito, se construíu e se mantivo grazas á iniciativa dos nosos emigrantes que así o fixeron coa intención de preparar ás novas xeracións para un futuro mellor.

Estaremos neste edificio de alto valor patrimonial, o venres 28 ás 19:30.

 

Agardamos por vos.