Magnífica intervención de Fina Fernández o pasado sábado no local de Betula.

Os asistentes tivemos a fortuna de aprender dunha das maiores eminencias no que a frondosas se refire e en especial nos castiñeiros.

Entre outras moitas cousas desmontou o mito de que os castiñeiros os trouxeron os románs: estudos paleobotánicos de pole datan a existencia de castiñeiros na Galiza fai 25000 a 30000 anos e as fragas do Eume non é un bosque primixenio, era a despensa de poboación da zona; soutos con distintas varidades de castiñeiros.

 

 

 

 

 

Unha herdanza esquecida e abandoada no fondo das fragas…temos traballo.

MOITÍSIMAS GRAZAS, FINA e grazas tamén a todos os asistentes que encheron o noso local. REPETIREMOS!!