O 3 de outubro membros da directiva impartiron unha conferencia no Museo de Historia Natural de Ferrol. Nela expuxeron a historia e proxectos da entidade. O acto enmarcouse dentro do ciclo de Xuntanzas Naturalistas que organiza periodicamente a Delegación de Ferrol da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

O día 11 de outubro puido coñecerse in situ un destes proxectos, a restauración dun dos terreos que a entidade custodia, neste caso no concello de Fene, no lugar de Marraxón. A mencionada actuación iniciouse en febreiro de 2024 coa roza da matogueira e a posterior plantación, coa participación de voluntariado, de castiñeiros, carballos, bidueiros, acivros ou cancereixos, entre outros.

Ligazón á noticia publicada o 1 de outubro no medio dixital Ferrol 360 anunciando a conferencia da Asociación:

https://ferrol360.es/betula-comparte-su-defensa-del-bosque-atlantico-en-ferrol/

Noticia do Diario de Ferrol (04/10/2025) sobre a conferencia impartida por membros da Asociación no Museo de Historia Natural de Ferrol:

https://diariodeferrol.elidealgallego.com/ferrol/2025-10-04/un-territorio-galego-no-que-o-bosque-autoctono-se-conserva-e-aproveita-o-sono-e-traballo-dia-a-dia-de-betula-809633.html

Membros da directiva explicando in situ as particularidades da parcela custodiada no monte Marraxón aos participantes na visita (11 de outubro).
Membros da directiva durante a conferencia no salón de actos do Museo.