Unha das arelas de Betula era ver libres de eucaliptos as súas fincas das Fragas do Eume. Hai dous anos que se puxo en práctica o plan de erradicación e, a día de hoxe, podemos dicir: “obxectivo cumprido”.
O pasado 11/03/19 fixemos a visita de inspección para comprobar a eficacia dos plásticos cos que cubrimos os cepos hai dous anos. Contamos coa colaboración de dúas biólogas, un agrónomo, un técnico ambiental e dous operarios. Analizáronse varias mostras en cada unha das fincas e concluiuse que a actuación foi eficaz no 100% dos casos. A madeira presentaba un alto grao de descomposición por mor da actuación dos fungos. Deste xeito, emitiuse un informe favorable á retira dos plásticos tendo en conta que está acadado o resultado agardado.
Ao longo da primavera programaremos unha xornada con voluntariado para realizar esta tarefa.