O pasado sábado 17 de setembro estreamos grupo de traballo no monte, máis concretamente no Montefaro en Ares.

O plan consistía na deseucaliptización e limpeza da parcela que betula ten en propiedade e dunha parcela do concello a carón da batería de A Bailadora.

Tamén sinalizamos con paus de bambú todas as autóctonas que están a gromar nas devanditas parcelas.

Ademáis do seu valor ecolóxico, a zona destaca polo seu valor paisaxístico cunhas vistas inmellorables da contorna ferrolá e máis alá.

Algún asegura que se te fixas podes chegar a ver o mar Cantábrico…

Machados, rozadoiras, motoserras… Os nosos voluntarios nunca regatean en esforzo e ánimo nos traballos de custodia e non sería desta a excepción. Coma sempre UN 10!!

Non faltaron os descubrimentos arqueolóxicos tradicionais destacando, nesta ocasión, un machado vikingo datado probablemente do século XXI.

E despois da dura xornada chega a hora dos petiscos… Empanada de bacallao e xamón asado nos xardíns do mosteiro, inmellorable.

Así que xa vedes, un gran traballo ao que podedes unirvos cando queirades.

VÉMONOS NO MONTE!! ANÍMATE A PARTICIPAR!! COLABORA CON NÓS FACÉNDOTE SOCIO POR 15€/ano!!

 

 

Esta xornada encádrase dentro do Proxecto de mellora ambiental, paisaxística e da biodiversidade no monte de Montefaro financiada polo programa de axudas a entidades sen fins de lucro convocado pola Deputación da Coruña para as actividades realizadas no ano 2022.