O próximo xoves día 11 de xullo temos programada unha nova visita a unha das parcelas máis carismáticas que Betula ten en propiedade nas nosas queridas Fragas do Eume, O Carballón.
O plan consiste en continuar coas labores de deseucaliptización da mesma, co uso de diferentes ferramentas.
Coma sempre agardamos moito traballo non recomendado para todo o mundo debido ás dificultades do terreo pero de vital importancia para o noso propósito deseucaliptizador e de rexeneración.
Se queres apuntarte só tes que mandarnos un correo indicando o teu nome e DNI para o tema do seguro.
O punto de encontro será no local de Betula na Armada, en Maniños, ás 16:00 horas para coller a ferramenta e iniciar a marcha cara Monfero.
Agardámoste!!
Vémonos no monte!!!