O pasado 11 de xuño socios voluntarios de Betula achegámonos a terras de Monfero para continuar coa deseucaliptización da finca que a asociación ten en propiedade no Carballón.

Trátase dunha finca encravada nas Fragas do Eume cun altísimo valor ecolóxico e paisaxístico.

A dificultade do traballo é alta debido a gran pendente da zona e a restos de podas anteriores que entorpecen o movemento pero a bo ánimo acompañounos durante toda a xornada.

E despois do traballo o xantar. O tempo estivo incríbel e a compaña foi inmellorable. O lacón tampouco estivo nada mal, non.
