Como o ano pasado, o Grupo Naturalista Hábitat prepara un Hábitat Protexe co día das aves, o días 2 e 3 de outubro para recadar fondos para as entidades:

  • Fragas do Mandeo.
  • Betula.
  • Asociación Galega de Custodia do Territorio.
  • Brexa.

A actividade consistirá en dúas actividades de anelamento.

O sábado, entre as 9:001 e as 12:30  de man do Grupo Phylloscopus e do Grupo Hércules no estuario do Anllóns, en Ponteceso e para o que se contará con dez prazas dispoñibles.

Os prezos son:

  • 5€ nenos
  • 8€ adultos
  • Socios de balde.

O domingo 3 de outubro entre as 10:30 e 13:30 horas terá lugar una xornada de iniciación ás aves en varias xornadas de observación e iniciación ás aves en diferentes puntos do territorio:

  • Torre de Hércules
  • Ría do Burgo
  • Complexo dunar Razo-Baldaio
  • Encoro de Abegondo-Cecebre
  • Ría de Betanzos
  • Ponteceso
  • Pontedeume
  • Sada coa Sociedade Galega de Historia Natural.

Os prezos para estas actividades serán de:

  • 5€ nenos
  • 8€ adultos
  • Socios de balde.

 

Animádevos a Participar!!!!!!