Como cada ano por estas datas, Betula visita as estacións meteorolóxocas que ten situadas nas Fragas do Eume e nas proximidades do río  Belelle no seu paso polo concello de Fene.

Neste traballo de campo recóllense datos de temperatura, humidade e luminosidade tomados no último ano polos diferentes sensores en ditos emprazamentos e realízanse os traballos de mantemento oportunos.

Os datos recompilados analizanse coas aplicacións informaticas apropiadas co obxectivo de estudiar os posibles cambios ou alteracións no clima da zona asi como de crear unha base de datos fiable e aberta para todos.