O domingo 18 de setembro de 2021 levamos a cabo a segunda xornada de deseucaliptización nos montes de Montefaro, no concello de Ares.

Un grupo de 13 voluntarios estivemos  durante tres horas eliminando brotes dos tocóns e pequenas plantas nacidas das sementes que permanecen no solo.

A mágoa foi que no medio da parcela na que actuamos quedou una pequena illa sen limpar debido a que a propietaria non nos deu permiso para facelo.

 

 

 

 

 

Logo do traballo , a Asociación de Amigos do Mosteiro cedeunos un local para o xantar e convidounos ao café, sobremesa e queimada.