Queres participar na custodia do territorio?

Faite Soci@!

Faite soci@ cunha cota individual de 20€/ano ou cunha cota por unidade familiar de 35€/ano.

Para asociarte a BETULA e colaborar connosco, na conservación da nosa natureza, achegamos o seguinte formulario que debes descargar, cubrir, imprimir, asinar e enviar a custodia.betula@gmail.com ou ben achegalo de forma presencial.

Tamén podes usar a sinatura dixital sen necesidade de imprimir.

DESCARGA O FORMULARIO COTA INDIVIDUAL 20€/ano

 

DESCARGA O FORMULARIO COTA FAMILIAR 35€/ano

 

Fai unha doazón puntual!

Se desexas axudarnos a conserva-lo patrimonio natural da nosa bisbarra, podes colaborar economicamente cunha doazón de calquera importe, de maneira puntual ou periódica, e cando queiras.

Conta para doazóns:

ENTIDADE: Banco Santander

IBAN: ES81 0049 7715 9627 1002 2042

BIC: BSCHESMM

Es propietario dun terreo?

Son moitas as cousas que se poden facer para conservar ou restaurar os seus valores naturais, incrementar a súa diversidade biolóxica ou favorecer o seu uso sustentábel. Se queres, podémolas facer xuntos. ¡Contacta con nós!

Queres botar unha man nas tarefas de voluntariado?

Escríbenos ponte en contacto con nós e avisarémoste cando convoquemos actividades de voluntariado.

Para calquer dúbida, consulta, achega ou proposta de participación ponte en contacto con nós.