O pasado martes 23 de xaneiro de 2024 BETULA máis a Asociación TerraRendible de Narón colaboramos con IES CONCEPCION ARENAL de Ferrol cos cursos de Ciclo Medio e Superior de Química e de Medioambiente dirixidos polas profesoras Ana Longarela e a Fina Pailos.

REALIZAMOS A LIMPEZA DOS AREAIS DE MEIRÁS DE PELLES e tamén adicámonos á OBSERVACIÓN DOS TIPOS DE PLÁSTICOS e contaminación na granxa abandonada de acuicultura.

O alumnado ten entre 16 e 23 anos. Implicáronse co traballo e o estudio do litoral e a súa contaminación por plásticos e por sustancias químicas debido ao abandono dos laboratorios da fábrica de acuicultura.

A última parte da mañán adicámola a observación das aves na Lagoa da Frouxeira e tamén á limpieza da contaminación por pellets e plásticos nos muros do paseo.

Tivemos unha xornada moi productiva que continuará nos laboratorios do instituto.

Salientar tamén a presenza de BETULA na protesta que tivo lugar polas rúas de Santiago o pasado domingo pola pésima xestión na vertedura dos pellets.

Non Podíamos faltar. NUNCA MÁIS!!!

Foto: Betula