BENQUERIDAS/OS SOCIAS/OS E SIMPATIZANTES: un ano mais queremos compartir convosco unha xornada de convivencia.
A nova sede de Betula, para os que non a coñezades, está nunha antiga escola de Maniños, enviamos ubicación no enlace:
https://maps.app.goo.gl/ iHv4jJURJW8qufo38
Animádevos a vir; para organizar cantos imos ser, necesitamos que nolo comuniques, podedes facelo ata o xoves , contestando a este correo.
Se vos animades a acompañarnos no roteiro, tedes que apuntamos indicándonos no correo DNI, nome e apelidos.
PROGRAMA: 11/11/2023
11:45h Roteiro: A Armada-Vexetación de ribeira no río Baa-Castro do PiñeiroVolta ao local social. 4 Km. Dificultade baixa.
(Condicionado á situación meteorolóxica)
13:30h Resumo actividades 2023. Coloquio e propostas soci@s.
14:15h Xantar compartindo petiscos.
Betula completará con empanada, sobremesa e bebidas.
15:30h Magosto Betula.
17:00h Clausura da xornada.
Esta é unha actividade na que colabora económicamente a Deputación da Coruña mediante o programa de subvencións a entidades privadas sen ánimo de lucro para o co financiamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente no 2023, DP0031.