En moitos proxectos pelexa Betula para a preservación dos nosos bosques …pero hoxe tocaba unirse para pedir un modelo enerxético xusto e sustentábel e unha enerxía por e para o pobo: TEMOS ALTERNATIVA. Iste era o lema da manifestación do 5 de xuño, día mundial do medio ambiente, en Compostela.

Alí estivo Betula xunto a tódolos galegos que queremos a nosa terra libre de macroeólicos.

Na Praza do Obradoiro
 

Varios socios de Betula se achegaron a Manifestación portando a banda que reevindica os eólicos fora das fragas.