Betula sementa! é un proxecto de Betula para conseguir sementes e plantóns de árbores autóctonas que non se adoitan atopar nos viveiros, para facer repoboacións nas leiras que temos en custodia.
Únete a nós na nosa misión de promocionar a biodiversidade e as especies naturais autóctonas.
No seguinte enlace podedes acceder á páxina elaborada polo noso socio e colaborador Elisardo Juncal onde atoparedes toda a información deste novo proxecto.